mércores, 26 de febreiro de 2020

Entroido 2020

O entroido chegou ao cole!! Este ano xirou ó redor do tema " O Tempo e o Clima", que é o noso proxecto educativo para este curso escolar.

Todo comezou o día 13 de febreiro co noso compadre o "Frade do tempo" e os nosos Cociñeiros e Cabaleiros de Educación Infantil. 
O compadre acadou o segundo premio no concurso organizado polo Concello e os compadriños levaron accésits.


 O xoves seguinte, o día 20 de febreiro tivemos no cole a nosa comadre "PRIMA...VERA" e as nosas comadriñas. 



 A comadre acadou de novo o segundo premio no concurso organizado polo Concello e as comadriñas levaron accésits.


Pero o noso entroido non acabou aquí, durante toda a semana seguimos as "Ordes do Meco". Pasámolo xenial!!

E por ultimo, o día 21 de febreiro chegou o tan esperado día, celebramos o Entroido no cole. Íamos todos moi guapos e os nosos disfraces quedaron moi ben, todos relacionados co proxecto do cole "O Tempo e o Clima".

Educación Infantil: Nubes e choiva.

1º Primaria: Trebón.


2º Primaria: Arco da Vella.

3º Primaria: Inverno


 4º Primaria: Verán.

 5º Primaria: Apicultores.

 6º Primaria: Abellas.



domingo, 2 de febreiro de 2020

Día Internacional da PAZ

Durante toda esta semana no cole fixemos un montón de actividades relacionadas co día da PAZ. 

Na entrada do centro colocamos un mural enorme no que participamos todos os nenos e nenas do cole unindo as nosas mans pola paz.
  
 Por outro lado durante toda a semana na biblioteca realizamos algunhas actividades como foron contacontos, representacións e vídeos.



Os nenos e nenas de 4º de primaria puxéronlle o toque doce a esta semana preparando unhas deliciosas galletas da PAZ que nos repartiron a todos e a todas. Estaban deliciosas!!!
Para finalizar esta gran semana pola PAZ, preparamos dúas fermosas cancións. Por un lado cantamos " We are the world" desta maneira tan bonita:
E por outro lado, cantamos e bailamos " De festa" de Uxía Lambona e a Banda Molona. Nesta ocasión tamén fixemos en lingua de signos parte da canción.

Por último... fixemos unha solta simbólica con globos e desfrutamos con eles no patio. Que ben o pasamos!!!