jueves, 1 de diciembre de 2011

CONTOS POPULARES, VACAS, CANS E NARRADORAS SORPRENDENTES



Quintín do grupo Trícole non puido vir ao noso colexio como estaba previsto  xa que a súa vaca  púxose a parir  no momento máis inoportuno. Pero non nos quedamos sen saber "o por que de que os cans se uliquen o cu cando se atopan" xa que a nosa xefa de estudos,Gloria tamén é unha boa coñecedora da tradición oral da nosa comarca grazas ao seu avó que foi quen lle contou unha versión dese simpático conto popular; por certo bastante distinta da do Quintín que tamén nola narrou.






Outra sorpresa no día: A SORTE DE ESCOITAR A TERESA GRAU a quen non coñeciamos, e que resultou ser ademaís de veciña dende hai un ano da nosa comarca e membro de Trícole, unha narradora profesional excelente. Foron catro sesións de contos e lendas populares de tradición oral de distintas partes do mundo:
Zeralda y el ogro (España) 1º ciclo.
La casita (Rusia) 2º ciclo.
El viejo y la muerte  e Todo es para bien (India) El faro (Deserto) 3º ciclo.
Por qué el abeto, pino, y enebro no pierden las hojas  e El león y el ratón (Francia) Infantil.

 Ver enlace  http://www.cuentacuentos.eu/narradores/miembros/espana/TeresaGrau.htm



                
Agradecemos neste blog o tratamento que dende "La voz de Lemos "fixeron desta noticia.


No hay comentarios:

Publicar un comentario