luns, 12 de decembro de 2011

BUBISHER E 10 DE DECEMBRO DÍA DOS DEREITOS HUMANOS

BUBISHER é unha rede de bibliobuses e bibliotecas para os nenos do Sáhara. O BUBISHER é un paxariño que adoita aniñar e criar despois das choivas, o que quere dicir que medrará a herba. Por iso o seu nome significa “paxaro da boa sorte”.


Tamén é o nome dun proxecto entre un grupo de Bibliotecas Escolares de Ferrolterra con escolas dos campamentos de refuxiados saharauis, coordinado polo escritor Gonzalo Moure ao que se uniron case un cento de Bibliotecas Escolares Galegas entre elas a nosa que escollen cada unha un fermoso álbum ilustrado para enviar como aves portadoras de boa sorte, como bubishers cheos de cor, imaxes, historias. Porque as nosas bibliotecas, @s nos@s lectores e lectoras, compartimos co Bubisher, cos lectores e lectoras das súas bibliotecas a crenza firme nos Dereitos Humanos, dende o seu 1º artigo: Tod@s nascemos libres e iguais en dignidade e dereitos.

Moita máis información no seguinte enlace.
http://osegrel.blogspot.com/2011/12/10-de-decembro-dia-dos-ddhh.html

Ningún comentario:

Publicar un comentario