xoves, 8 de decembro de 2011

BASES DO CERTAME DE POESÍA

Certame  Poesía Infantil Nadal 2011
A Biblioteca Gándara Lemos do colexio A Gándara convoca o Certame de Poesía Infantil "Nadal 2011", de acordo coas seguintes Bases:
1.    
Pode participar todo o alumnado con poemas sobre o tema xenérico de "O NADAL"
2.     Establécense catro categorías:                                                                              A -->Infantil         B --> 1º ciclo       C-->2ºciclo        D-->3º ciclo
3.     Os poemas estarán escritos en galego e a súa extensión será como máximo un folio por unha sola cara. Serán descartados os traballos con fallos ortográficos, ilexibles ou deficiente  presentación.  Cada traballo, acompañarase dunha folla co nome e demais datos do autor ou autora.
4.     O prazo de presentación de traballos rematará o 20  de decembro de 2011 debendo ser entregados na BIBLIOTECA.
5.     Un xurado  seleccionará por cada categoría un máximo de tres traballos. Os autores seleccionados recibirán cadanseu diploma e agasallo.
6.     Todos os traballos presentados participarán na fase local do Certame convocado pola Biblioteca Pública Municipal.
7.     O fallo do xurado  farase público o día 21 .

Ningún comentario:

Publicar un comentario