martes, 27 de maio de 2014

MIL GRAZAS PARA JACOBO FERNÁNDEZ SERRANO.

Ao alumnado de 1º,2º  fixóselle curto o encontro que tiveron con Jacobo, autor e ilustrador de A gardería de Dona Bixelmina. Eran moitas as preguntas e ganas de ver como debuxaba. Algo semellante ao que lles pasou aos de 3º que se mostraron moi ilusionados ao poder falar coa persoa que escribiu e  ilustrou os libros que todos teñen disfrutado nestes días: Marcopola de banda deseñada e A pedra e as formigas.

Recomendamos a visita do seu blog nesta ligazón http://jacobofernandezserrano.blogspot.com.es/  para saber máis sobre a súa obra e últimas novidades.Se vos apetece un xoguiño sobre un dos seus libros facede clic en ACTIVIDADE LIM DE A pedra e as formigas do CEIP ESPIÑEIRA, ALDÁN


  
Antes estivera co club de lectura  Gandulés. Só con ver as imaxes  decatarémonos da gran aceptación e éxito da visita.  UN DÍA PARA A LEMBRANZA.As súas adicatorias e debuxos repartíronse a todo o alumnado. Os debuxos xa pasan a formar parte do noso fondo artístico e decoran o noso cole e biblioteca.


Ningún comentario:

Publicar un comentario