lunes, 19 de mayo de 2014

CELEBRACIÓN DAS LETRAS GALEGAS EN IMAXES





Homenaxe a XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO

Presentando. Unhas breves palabras sobre o homenaxeado e o significado das Letras Galegas

Recitado de Esmeralda

Todos cantamos "Esa lus"



Primavera musical: este ano presentáronnos unha nova canción.
"CON UN SORRRISO POR VELA" É UNHA CANCIÓN QUE  INVITA A XOGAR COMO FACIÁN ANTES AS NOSAS FAMILIAS. A RECUPERACIÓN DE XOGOS POPULARES. A LETRA É DE MARÍA M. SÁNCHEZ OTERO   E A MÚSICA DE EMILIO ESTÉVEZ NÚÑEZ DIRECTOR DO GRUPO DE MÚSICA TRADICIONAL DO CONCELLO DE MONFORTE.MARÍA É NAI DE ISIS E ALEX. GRAZAS A ELA TODOS OS ANOS POR ESTAS DATAS TEMOS O PRIVILEXIO DE ESCOITALOS NO COLEXIO.

"Xoguemos todos na rúa coma os nosos pais facían,
ás agachadas e á corda, á goma e ó pilla-pilla.
Formemos unha gran roda coma os nosos pais e avós,
mellor cantos máis sexamos, queres ti xogar con nós?"



          










PRESENTACIÓN DA CURTAMETRAXE
Non quero ser un polbo , curtametraxe de animación feito en Educación Infantil. Está baseado no libro da editorial OQO do mesmo título. Problemas técnicos de última hora impedíronnos presentalo no Certame da TVG como tiñamos pensado. 
Pronto no blog


O grupo de teatro de actividades extraescolares do colexio dirixido por Paqui representou a adaptación teatral da escritora Gloria Sánchez: As aventuras de Zongalo Quirico 










Con esta  obra participamos no certame de Teatro do Concello de Monforte na Casa da Cultura










No hay comentarios:

Publicar un comentario