xoves, 29 de maio de 2014
mércores, 28 de maio de 2014
POR MONFORTE CON MANUEL MARÍA.
ROTEIRO ARTÍSTICO, HISTÓRICO
E LITERARIO
A ruta foi o luns día 26
DE MAIO de 7h a 9h da tarde e o
inicio no Centro do Viño.
A primeira parada foi na Exposición por Monforte con Manuel María na Casa da Cultura.
Fomos paseando e parando pola cidade do Cabe da man da magnífica guía poética
que é o “Cancioneiro de Monforte de Lemos” de Manuel María.
En certas paradas
léronse algún dos poemas.
A iniciativa partiu do COLECTIVO LEMOS LE en resposta ao
ofrecemento que se nos fixo dende a concellalía de Cultura; e quen nos fixo de guía-acompañante foi o autor desta iniciativa: Xosé Martínez.
Participaron pois, amigos e amigas das bibliotecas escolares, bibliotecas públicas e clubs de lectura de adultos da comarca de Lemos. 
E ... RUTA GASTRONÓMICA
Ao rematar a ruta literaria ruta gastronómica por algún dos bares que participa no certame CUME TAPAS.
martes, 27 de maio de 2014
MIL GRAZAS PARA JACOBO FERNÁNDEZ SERRANO.
Ao alumnado de 1º,2º fixóselle curto o encontro que tiveron con Jacobo, autor e ilustrador de A gardería de Dona Bixelmina. Eran moitas as preguntas e ganas de ver como debuxaba. Algo semellante ao que lles pasou aos de 3º que se mostraron moi ilusionados ao poder falar coa persoa que escribiu e ilustrou os libros que todos teñen disfrutado nestes días: Marcopola de banda deseñada e A pedra e as formigas.
Recomendamos a visita do seu blog nesta ligazón http://jacobofernandezserrano.blogspot.com.es/ para saber máis sobre a súa obra e últimas novidades.Se vos apetece un xoguiño sobre un dos seus libros facede clic en ACTIVIDADE LIM DE A pedra e as formigas do CEIP ESPIÑEIRA, ALDÁN
Antes estivera co club de lectura Gandulés. Só con ver as imaxes decatarémonos da gran aceptación e éxito da visita. UN DÍA PARA A LEMBRANZA.As súas adicatorias e debuxos repartíronse a todo o alumnado. Os debuxos xa pasan a formar parte do noso fondo artístico e decoran o noso cole e biblioteca.
martes, 20 de maio de 2014
ESTIVEMOS NOS MERCADOS DE MONFORTE
Coincidindo coa celebración do Día das Letras Galegas o espazo do Mercado de Letras e Flores acolleu diversas actividades propostas polo colectivo "Lemos le" do que a nosa biblioteca forma parte.
O sábado día 17 no espazo no Mercado da Praza de Abastos actuaron:
Pola mañá Os Parentes e Antón Valcarce, combinando composicións musicais e lendas tradicionais da nosa comarca.

Ás cinco da tarde foi tempo para “Micrófono Aberto” coordinada por Mercedes Cabo de Vila. Moito público puido ver distintas formas de narración oral que facemos na Biblioteca da Gándara. Alí estaban: a nosa casiña de chocolate, kamishibai, contacontos...
Ás seis e media da tarde presentouse a nova edición do libro “Monforte. Os seus monumentos, lendas e tradicións”. Este libro de Ricardo R. Vilariño de Barbeito, reeditado por Agrasar Editores, foi presentado por Margarita Rodríguez Otero e José Luis Martínez Montero. Trátase dunha publicación de finais do século XIX da que, ata agora, existían moi poucos exemplares.
CELEBRACIÓN DAS LETRAS GALEGAS EN IMAXES
Homenaxe a XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO
Presentando. Unhas breves palabras sobre o homenaxeado e o significado das Letras Galegas |
Recitado de Esmeralda |
Todos cantamos "Esa lus" |
Primavera musical: este ano presentáronnos unha nova canción.
"CON UN SORRRISO POR VELA" É UNHA CANCIÓN QUE INVITA A XOGAR COMO FACIÁN ANTES AS NOSAS FAMILIAS. A RECUPERACIÓN DE XOGOS POPULARES. A LETRA É DE MARÍA M. SÁNCHEZ OTERO E A MÚSICA DE EMILIO ESTÉVEZ NÚÑEZ DIRECTOR DO GRUPO DE MÚSICA TRADICIONAL DO CONCELLO DE MONFORTE.MARÍA É NAI DE ISIS E ALEX. GRAZAS A ELA TODOS OS ANOS POR ESTAS DATAS TEMOS O PRIVILEXIO DE ESCOITALOS NO COLEXIO. |
"Xoguemos todos na rúa coma os nosos pais facían,
ás agachadas e á corda, á goma e ó pilla-pilla.
Formemos unha gran roda coma os nosos pais e avós,
mellor cantos máis sexamos, queres ti xogar con nós?"
PRESENTACIÓN DA CURTAMETRAXE
O grupo de teatro de actividades extraescolares do colexio dirixido por Paqui representou a adaptación teatral da escritora Gloria Sánchez: As aventuras de Zongalo Quirico
venres, 16 de maio de 2014
martes, 13 de maio de 2014
LECTURAS NO PATIO. APADRIÑAMENTO LECTOR E EXPOSICIÓN DE LIBROS.
SOBRAN PALABRAS. MARABILLOSAS IMAXES. UNHA ACTIVIDADE QUE DEMOSTRA O AMOR QUE NESTE COLEXIO TEMOS POLA LECTURA.
O neno e a estrela. Un libro ilustrado con Xosé María de protagonista.
O día que Díaz Castro atopou unha estrela nun caldeiro de auga
Da man do colectivo Fabaloba chéganos unha fermosa achega ilustrada ao poeta Xosé María Díaz Castro.
Unha nova proposta vén a enriquecer a vizosa colleita que neste ano Díaz Castro agroma ao fío da vida e obra do autor. O colectivo Fabalobavén de publicar o seu primeiro conto: O neno e a estrela, unha fermoso achegamento á figura do poeta Xosé María Díaz Castro dirixido aos lectores máis novos. O libro está editado por Fabaloba edicións, etiqueta que nace ao abeiro do proxecto cultural e educativo Fabaloba.
O propio protagonista desta historia é Díaz Castro cando neno. El é quen atopa unha estrela que caeu do ceo e foi dar a un pozo de auga da súa aldea de Guitiriz. O rapaz é o encargado de devolver a estrela ao seu lugar no universo. Nas poderosas ilustracións represéntase un mundo de lusco-fusco, anterior á existencia do sol. A obra xoga cos moitos dos eixos centrais do poemario Nimbos.
Texto de//botons.eu/
Podes ler premendo na imaxe
sábado, 10 de maio de 2014
Actividades LIM para traballar as Letras Galegas 2014
Na BIBLIOTECA DE MALLÓN (Nigrán) prepararon estas estupendas actividades LIM que poñen a disposición de todas as bibliotecas escolares. Moi recomendables para as aulas durante a semana das Letras Galegas. Aprenderemos moito de forma amena e divertida. Moitas grazas e felicidades dende aquí para o equipo de biblioteca de Mallón.




venres, 9 de maio de 2014
Esa lus, unha canción para Díaz Castro
Unha melodía coñecida para uns versos por descubrir. A nova proposta do IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz. A letra tédela máis abaixo e podedes descargar a canción e a base musical aquí:
https://soundcloud.com/ies-diaz-castro
"Esa lus"
Esa mirada era especial,
xa que nacera no rural
e da terra ó ceo todo tiña o seu misterio
o neno Pepe escribirá
(est 1)
Esa lus, esa lus
se o poema é só un nimbo de lus
son fragmentos de min mesmo
o herdo, o mundo que me deron
se o poema é só un nimbo de lus
(est 2)
Esa lus, esa lus
se o poema é só un nimbo de lus
coma ventos fuxidos
por camiños esquencidos
se o poema é só un nimbo de lus
Más de once linguas que falou
pero unha soa que cantou,
á herba pequerrechiña e dende Parga á Pastoriza
Xose María escribirá
(est 1)
(est 2)
Un paso adiante, un paso atrás
Galiza sempre nel está
ardendo nunha bágoa ou ferido pola beleza
Díaz Castro escribirá
(est 1)
(est 2)
xoves, 8 de maio de 2014
Os Maios 2014 - A Casiña de Chocolate
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)