martes, 29 de mayo de 2012

31 de Maio  INAUGURACIÓN

CELEBRAMOS O REMATE DAS OBRAS DA NOSA  NOVA BIBLIOTECA GÁNDARA LEMOS DESPOIS DE DOUS ANOS DE TRASLADO, OBRAS E ADQUISICIÓN DE NOVOS FONDOS, EQUIPAMENTO E MOBILIARIO.

 



Esta é a nosa invitación
 e estes os actos programados

ACTOS E HORARIO

De 10 a 5 da tarde: xornada de portas abertas para as familias e exposicións de libros e traballos escolares.

 Ás 4 da tarde: ACTUACIÓNS MUSICAIS EN DIRECTO NO PATIO DO COLEXIO para alumnado e familias.

Ás 5:15 da tarde: INAUGURACIÓN OFICIAL NA BIBLIOTECA á que temos invitado a diversas autoridades, asociacións, bibliotecas, clubs e persoas relacionadas coas bibliotecas,  cultura e educación incluidos persoal do colexio e membros dos clubs de lectura ,ANPA e biblioaxudantes.

Actuacións musicais

o   Grupo de gaitas e pandereteiras do concello (alumnas do cole)

o   Grupo de danza do concello (só alumnas da Gándara)

o   Antón Valcarce

o   Trícole (Alfonso e Óscar de Sober)

o   Trío musical David, María e Uxía (sen confirmar)

o   Chousa (sen confirmar)

1 comentario:

  1. Parabéns polo traballo que estades a facer. Onte disfrutamos moito desa inauguración tan especial; que os libros e os lectores sexan noticia de primeira páxina no é doado .Grazas dende a BPM de Sober.

    ResponderEliminar