domingo, 22 de abril de 2012

HOMENAXE A TRES MESTRAS NO DÍA DO LIBRO

Nasi, Anuncia e Sarita foron membros do equipo de biblioteca nos últimos anos. As tres contribuiron  á dinamización da biblioteca. Recoñeceremos o seu traballo nos  encontros do 23.


Nasi foi a primeira coordinadora do club de lectura do profesorado.


Anuncia é a poeta oficial do colexio por mérito propio.

Sarita, a directora,a impulsora da renovación da biblioteca ademais de dinamizadora do centro.



Recoñecemento moi  especial para Sarita " fada madriña de A Gándara"  quen exerceu a súa profesión durante practicamente toda a súa vida profesional no seu queridísimo colexio de A Gándara. Para ela este fermoso poema que con tanto amor fixo Anuncia









DE  ANUNCIA  A   SARITA


Atopeite nun colexio

Cando eramos estudiantes

Reencontreite nun colexio

Sendo as dúas ensinantes.


Trinta e tantos anos da vida,

Trinta e tantos anos son moitos,

Trinta e tantos anos de entrega,

De traballos e de esforzos.


Trinta e tantos son moitos anos,

Pero pasaron nun soplo

Ensinando os nosos nenos,

Os nenos dos nosos pobos.


Nos ollos hai moita luz,

Nos beizos, moita dulzura,

No corazón,agarimo,

Na persoa , fermosura.


Sempre te vin moi sorrinte,

Compracente, moi cercana,

Sempre cos brazos abertos

E coa alma na mirada.


Ninguén recela acercarchete

Cun problema , cunha traba,

Vai atopar acollida

E empeño por arranxala.


Na porta do teu despacho,

Sempre  hai  unha gran fila

Os nenos para acusarse

Veñen chamando a Sarita:


“Fulanito me pegó

Aquel me quitó los cromos

Este otro me insultó

Dice que tengo piojos.”


Os maiores para queixarse

Para buscar novas sendas

Para organizar traballos

Para encher ben a túa axenda


Para atopar solución

Para expoñer os problemas

País, nais, profesores,

Transportistas, concelleiros

Viaxantes, inspectores,

Contacontos, teatreiros…


Fada madriña da Gándara

Que sempre ten o bo toque

Coa súa variña máxica

Coa que todo se resolve.


Tantos eran os sentires

As tarefas, sentimentos…

Que o corazón dixo un día:

¡Para quieta, eu aquí quedo!


Pero agora ven o tempo

De darlle tranquilidade

Recortándolle  tarefas

Recortandalle  preocupacións


É a era das tesoiras

¡Recortalle por favor!

Verás como deixa a folga

Ese rebelde corazón.


Como autoridade competente

Do pobo de Vilaescura

Prohíboche formalmente

Calquer mal ou amargura.



Que hoxe sexa  día alegre

Desterrada toda tristura

E comences unha etapa

Con ledicia, con dulzura.


E non te desligues da Gándara

Que, anque queda en boas mans.

Parece descabezada

Cando dices que te vas.


Que  Deus che conserve a paz

A entereza, o don de xentes,

Afortaleza de ánimo

Que en ti sempre estivo presente.



Que con Maia e con Kea

E coa xente que te quere

Enchas de ledicia os días

Para agora e para sempre.



De parte de todos nós,

De toda a xente da Gándara

Nosos mellores desexos

E,por todo!moitas gracias!

















Ningún comentario:

Publicar un comentario