martes, 17 de abril de 2012

ABRIL MES DOS LIBROS


           




Coincidindo coa data do nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen celébrase o día 2 de abril o Día Internacional do Libro Infantil co fin de promocionar os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos. 
O Día do Libro é un acontecemento anual que se celebra o 23 de abril. A festa celebrase coa idea de fomentar a lectura, a edición e publicacións impresas e os dereitos de autor. Conmemorase a data do nacemento de Miguel de Cervantes Saavedra. A UNESCO decidiu celebrar conxuntamente o Día do Libro e dos Dereitos de Autor atendendo á casualidade de que a morte de Cervantes (o 23 de abril de 1616 se correspondía coa data do aniversario do nacemento e morte de William Shakespeare .             
( Da galipedia)

Estas datas fan do mes de abril o mes dos libros para o que temos programadas as seguintes actividades:


ABRIL MES DOS LIBROS
            ACTIVIDADES PROGRAMADAS 2012

*      LUNS 23 DE ABRIL: DÍA DO LIBRO  

Enchemos o patio de lectura con:

·         Madriñas e Padriños Lectores

(Maiores contan e amosan un libro a un afillado de infantil nun lugar determinado do patio. Seleccionan e preparan libros na semana previa)

·         Exposición e lectura de libros relacionados coa  MÚSICA  (pódense traer da casa a semana antes para ler e compartir na aula na hora de ler)

                    Se fixese mal tempo esta actividade pasaríase ao venres bo máis próximo.

*      ENCONTRO NA BIBLIOTECA 23 ÁS 5

HOMENAXE A TRES MESTRAS

 Celebramos o día do libro  coas mestras  exmembros da comisión da biblioteca. Invitamos aos clubs de lectura, ANPA e persoal non docente. Os presentes aportaremos: libros,  discos,  frases, cancións  experiencias… que marcaron a nosa educación.



*      Animación lectora Santillana a determinar (Semana do 23)



*      Creación literaria: Como todos os anos faremos un LIBRIÑO INDIVIDUAL. Lembrade que hai premio e diploma por aula. Puntúa na avaliación final.

IDEAS PARA ESTE CURSO:

 -Meterlle algo de música no argumento

-Unhas pizcas de superstición



*      Contacontos e Cantacontos : Actividade oral  para as clases ou persoas que así o decidan con vistas ao mes das Letras Galegas. Vale individual, grupo pequeno ou de toda a clase ou curso. Anotarse  durante este mes .



*      Charla LITERATURA E MÚSICA  A poesía naceu para ser cantada  (audiovisual data a determinar)

*      Andersen , Shakespeare e Quijote na biblioteca (libros e material multimedia)

*      Exposición no patio  XITANOS FAMOSOS NA MÚSICA

*      LIBROS DE IDA E VOLTA  (Fundación Germán Ruipérez de Salamanca)




Algúns recursos


    ENLACES  MOI INTERESANTES PARA TRABALLAR  ESTE MES   OS DOUS RECOMENDADOS  POR JULIA DENDE A BIBLIOTECA  MESTRES GOLDAR DE VIGO Á QUEN AGRADECEMOS .


  
     El ingenioso Hidalgo Don Quijote de la Mancha Interactivo
       http://quijote.bne.es/libro.html


 LIBRO DE ACTIVIDADES SOBRE ANDERSEN
http://engalego.es/panel/alm/chs/bibliocole/lim_andersen/lim_andersen.html



OUTROS ENLACES RECOMENDABLES

Vídeo Bibliotecas escolares galegas

http://vimeo.com/32142408


CONSELLOS PARA QUE OS ESCOLARES ODIEN A LECTURA

http://infantiltremanes.wordpress.com/2012/02/18/para-odiar-la-lectura/









                                                                                                   

No hay comentarios:

Publicar un comentario