mércores, 26 de febreiro de 2014

DÍA DE ROSALÍA

Este cadro presidiu os actos do día de Rosalía. Todo o alumnado recibiu un marcapáxinas co poema "Rosalía pequeniña"  de Uxía. Nenas e nenos de todas as idades foron recitando e escoitando poesías de Rosalía de Castro . Podedes ver as imaxes máis abaixo e en entradas anteriores. 





domingo, 23 de febreiro de 2014

24 de febreiro: Rosalía todo o día

Este ano o día de Rosalía de Castro ímolo adicar á divulgación do  libro-disco da cantante  Uxía Senlle "Rosalía pequeniña" da Editorial Galaxia (colección Son árbore,2013 ) Está ilustrado por  Marina Seoane.  
"Maio longo", "Como chove miudiño", "Has de cantar", "Paseniño", "Miña santiña, miña santasa" ou "Alborada" son algúns dos poemas rosalianos que se recollen neste libro.e que serán recitados e cantados ao longo de todo o día na Biblioteca.



Rosalía pequeniña, pirata, poeta, aventureria ou fada
Rosalía pequeniña para cantar, para rir, para gozar ou bailar 



Como pensas ti que sería Rosalía hoxe, como a imaxinas? 

Debuxa, le ,recita disfruta de Rosalía Pequeniña



ROSALÍA PEQUENIÑA


Rosalía pequeniña
soñaba con ser pirata
a pequena Rosalía
escribía na nosa fala.

A meniña silandeira
a da fala ben mainiña
pequeniña, pequeneira
unha meniña gaiteira.

Rosalía pequeniña
medio meiga, medio fada
ao pé da verde silveira
chamando pola alborada.

A rebelde e rebuldeira
non é musa nin postal
sube ás  ponlas das figueiras
e alí déitase a soñar.

Rosalía, Rosalía...

Rosalía pequeniña
vestida de moitas cores
que non canta nin ás pombas
nin ás delicadas flores.

Rosalía, nena india
poeta dos nosos días
que pos no sentir do pobo
badaladas de alegría.

Rosalía pequeniña
medio meiga, medio fada
ao pé da verde silveira
chamando pola alborada.

A rebelde e rebuldeira
non é musa nin postal
sube ás ponlas das figueiras
e alí déitase a soñar.

Rosalía, Rosalía...

Rosalía, rosa, Rosalía
Rosalía, nosa rosa. 
Ilustración de Marina Seoane
PARA INFORMARTE SOBRE ROSALÍA DE CASTRO AQUÍ 

sábado, 22 de febreiro de 2014

RECURSOS ELECTRÓNICOS AO SERVIZO DA FORMACIÓN DE LECTORES COMPETENTES

No blog da biblioteca do CPI Luís Díaz Moreno (Barralla, Lugo) atopamos un moi interesante recurso na sección titulada Recursos CDu, na que aparecen recollidos unha importante cantidade de espazos web e materiais, seleccionados e clasificados segundo os distintos apartados da CDU .

Se picas na ligazón recursos electrónicos cdu entras directamente no arquivo. Unha vez na páxina, elixe a materia que che interese.  


EMPEZA O ENTROIDO EN MONFORTE CO XOVES DE COMPADRES

A participación do noso colexio no certame do concello tivo moito éxito xa que levamos un 1º premio con "Ratatouille"  e un accesit con "Reciclando e cociñando" competindo con barrios e colexios que tamén fixeron un gran traballo. Recomendamos visitar a páxina oficial do concello de Monforte para comprobalo. Os mestres Luis, Gonzalo e  Óscar tiveron eran uns simpáticos "Tres porquiños"

SUPERLEO ESTIVO REPRESENTADO  E MOSTRANDO UNHAS CANTAS "RECEITAS" SOBRE  ALIMENTACIÓN SAUDABLE.

Os compadres de 1º foron realizados nun obradoiro na biblioteca contando coa colaboración moi especial da nosa querida conserxe Celia e Loli a coidadora.



MOITA MÁIS INFORMACIÓN  NA PÁXINA WEB DO COLEXIO OU PREMENDO AQUÍ

mércores, 19 de febreiro de 2014

BICA DE AMOR, A RECEITA DE BERTA



As bicas decoradas nas distintas aulas foron expostas no recreo e Hora de Ler do venres 14 de Febreiro.

Todo o alumnado e profesorado participou.



                                   

As bicas estaban deliciosas,
Moitas grazas as cociñeiras.
Son xeniais!