domingo, 23 de febrero de 2014

24 de febreiro: Rosalía todo o día

Este ano o día de Rosalía de Castro ímolo adicar á divulgación do  libro-disco da cantante  Uxía Senlle "Rosalía pequeniña" da Editorial Galaxia (colección Son árbore,2013 ) Está ilustrado por  Marina Seoane.  
"Maio longo", "Como chove miudiño", "Has de cantar", "Paseniño", "Miña santiña, miña santasa" ou "Alborada" son algúns dos poemas rosalianos que se recollen neste libro.e que serán recitados e cantados ao longo de todo o día na Biblioteca.



Rosalía pequeniña, pirata, poeta, aventureria ou fada
Rosalía pequeniña para cantar, para rir, para gozar ou bailar 



Como pensas ti que sería Rosalía hoxe, como a imaxinas? 

Debuxa, le ,recita disfruta de Rosalía Pequeniña



ROSALÍA PEQUENIÑA


Rosalía pequeniña
soñaba con ser pirata
a pequena Rosalía
escribía na nosa fala.

A meniña silandeira
a da fala ben mainiña
pequeniña, pequeneira
unha meniña gaiteira.

Rosalía pequeniña
medio meiga, medio fada
ao pé da verde silveira
chamando pola alborada.

A rebelde e rebuldeira
non é musa nin postal
sube ás  ponlas das figueiras
e alí déitase a soñar.

Rosalía, Rosalía...

Rosalía pequeniña
vestida de moitas cores
que non canta nin ás pombas
nin ás delicadas flores.

Rosalía, nena india
poeta dos nosos días
que pos no sentir do pobo
badaladas de alegría.

Rosalía pequeniña
medio meiga, medio fada
ao pé da verde silveira
chamando pola alborada.

A rebelde e rebuldeira
non é musa nin postal
sube ás ponlas das figueiras
e alí déitase a soñar.

Rosalía, Rosalía...

Rosalía, rosa, Rosalía
Rosalía, nosa rosa. 
Ilustración de Marina Seoane
PARA INFORMARTE SOBRE ROSALÍA DE CASTRO AQUÍ 

No hay comentarios:

Publicar un comentario