| MADRIÑAS E PADRIÑOS LECTORES EXPOSICIÓN E LECTURAS ![]() ![]() VÍDEO |
mércores, 24 de abril de 2013
23 DE ABRIL PARA LER E ILUSTRAR CON PABLO PÉREZ ÁLVAREZ
domingo, 21 de abril de 2013
Abril mes dos libros
ABRIL MES DOS LIBROS
ACTIVIDADES
PROGRAMADAS 2013
Igualdade para o
desenvolvemento: SE A MULLER AVANZA,O MUNDO TAMÉN
No vestíbulo do colexio (cedida pola concellería da Igualdade)
PPoema
e cartel
·
Exposición
: Xitanos na pintura.
·
Charlas-debate
nas aulas
Máis información e enlaces dende Bibliotecas Escolares aquí
día do libro
Enchemos o patio de lectura
con:
·
Madriñas e Padriños
Lectores
(Maiores contan e amosan
un libro a un afillado de infantil nun lugar determinado do patio. Seleccionan
e preparan libros na semana previa)
·
Exposición e lectura de
libros relacionados coa PINTURA e de
álbumes ilustrados (pódense traer da casa a semana antes para ler e compartir na
aula na hora de ler)
Se fixese mal tempo esta actividade pasaríase ao venres bo
máis próximo.
·
Celebramos
o día do libro coa proxección de curtametraxes café , pastas e …
·
Invitamos
aos clubs de lectura, ANPA, Consello Escolar, profesorado, persoal non docente e colectivo
de xubiladas.
Co autor PABLO PÉREZ ÁLVAREZ Para 1º ciclo Semana do 23
·
“LA ESTRELLA ALCANZAR “ Unha historia de amistad y lecturas
·
“OS CONTOS DO CAMIÑO” Adaptacións de libros
(Data a determinar, carteis e documentos anexos)
ACHEGAMENTO DO CINE ÁS AULAS . Obradoiro de
animación ao emprego dos medios audiovisuais dirixido ao alumnado de 5º e 6º
10:05 -> 5º 11:30
->6ºB 15:15->6ºA
De cara a finais de curso Para
todas as aulas Facilitarase esquema
Comisión da biblioteca
Abril mes dos libros -2013
venres, 22 de marzo de 2013
KAMISHIBAI Contín Contón
KAMISHIBAI é unha
palabra xaponesa que siñifica “Teatro de papel” e é unha forma moi
popular, dende hai varios séculos, de contar contos en Xapón.
O KAMISHIBAI exerce unha irresistible
fascinación sobre a audiencia infantil. As súas características e a forma de
presentalo, axudan a conseguir un efecto máxico e de concentración en torno ao
conto moito máis fácilmente que con outras técnicas narrativas.
http://www.sieteleguas.es/kamishibai
Contín contón é un CONTO KAMISHIBAI feito a partires do libro do mesmo título de Edicións Embora, Colección “Fardel dos soños” Ferrol, 2009.O autor é Antón Cortizas e o ilustrador Leandro Lamas.
Preparouse
na aula de Atención Educativa de 2ºB sendo
representado por primeira vez no mes marzo de 2013 dentro das actividades programadas para celebrar o día do teatro.
É un conto con debuxos de moita cor e que trata de forma amable e xoguetona unha historia de animais.A idea deste conto partiu de Aroa e Xiana que descubriron o conto na biblioteca e gustoulles moito. Despois decidimos adaptalo para facer un kamishibai entre todos.
O kamishibai representouse en varias ocasións e de distintas formas: Na biblioteca e cos protagonistas ocultos, nas aulas e cos actores sentados e á vista ou tamén de pé. Tanto diante dos maiores como dos pequenos a atención e os aplausos finais sempre se repetiron.
Para ver máis imaxes preme na palabra fotos
Ao final da representación oculta xógase a adiviñar quen é quen. Preséntanse outros libros do autor, do ilustrador e título e compositor da música que acompaña.
CLUB DE LECTURA: Visita de Abraham Carreiro
O escritor e ilustrador Abraham Carreiro visitounos neste mes de Marzo, os nenos do club de lectura disfrutaron coa súa presencia e cos seus debuxos. Tamén poideron resolver tódalas dúbidas que tiñan respecto ao libro de Xoeliki, que leron para o club de lectura GANDULÉS.
Esta visita foi o 11 de Marzo, e a reunión do club de lectura celebrouse o 22 de Marzo. Aqui tedes unhas fotos de dita reunión. Os cativos quedaron encantados coa lectura deste libro, e de feito eleximos para o terceiro trimestre outro da mesma saga, "XOELIKI: As aventuras dun ciberpirata, O Grande Apagamento"
A ÁRBORE DAS PALABRAS CON MERCEDES DE CABO DE VILA
DESCUBRINDO UNHA NOVA CONTACONTOS E A MAXIA DAS PALABRAS E A POESÍA

MERCEDES DE CABO DE VILA É O NOME ARTÍSTICO DE MERCE, A XEFA DE ESTUDOS E MEMBRO DA COMISIÓN DA BIBLIOTECA. ELA PRESENTOU O CONTO "A ÁRBORE DAS PALABRAS" ANTE O ALUMNADO DO COLEXIO ELA VÉN DE REMATAR UN CURSO PARA MESTRES DE TÉCNICAS DE CONTACONTOS IMPARTIDO POR TERESA GRAU.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)

