viernes, 22 de marzo de 2013

KAMISHIBAI Contín Contón



KAMISHIBAI é unha palabra xaponesa que siñifica “Teatro de papel” e é unha forma moi  popular, dende hai varios séculos, de contar contos en Xapón.
O KAMISHIBAI exerce unha irresistible fascinación sobre a audiencia infantil. As súas características e a forma de presentalo, axudan a conseguir un efecto máxico e de concentración en torno ao conto moito máis fácilmente que con outras técnicas narrativas. 

http://www.sieteleguas.es/kamishibai

 Contín contón é un CONTO KAMISHIBAI feito a partires do libro do mesmo título de Edicións Embora, Colección “Fardel dos soños” Ferrol, 2009.O autor é Antón Cortizas e o ilustrador  Leandro Lamas.

Preparouse na aula de Atención Educativa de 2ºB sendo representado por primeira vez no mes marzo de 2013 dentro das actividades programadas para celebrar o día do teatro.   









 É un conto con debuxos de  moita cor e que trata de forma amable e xoguetona unha historia de animais.A idea deste conto partiu de Aroa e Xiana  que descubriron o conto na biblioteca e gustoulles moito. Despois decidimos adaptalo para facer un kamishibai entre todos.





O kamishibai representouse en varias ocasións e de distintas formas: Na biblioteca e cos protagonistas ocultos, nas aulas e cos actores sentados e á vista ou tamén de pé. Tanto diante dos maiores como dos pequenos a atención e os aplausos finais sempre se repetiron.

Para ver máis imaxes preme na palabra  fotos 

Ao final  da representación oculta xógase a adiviñar quen é quen. Preséntanse outros libros do autor, do ilustrador e título e compositor da música que acompaña.


No hay comentarios:

Publicar un comentario