O entroido chegou ao cole!! Este ano xirou ó redor do tema " O Tempo e o Clima", que é o noso proxecto educativo para este curso escolar.
Todo comezou o día 13 de febreiro co noso compadre o "Frade do tempo" e os nosos Cociñeiros e Cabaleiros de Educación Infantil.
O compadre acadou o segundo premio no concurso organizado polo Concello e os compadriños levaron accésits.

O xoves seguinte, o día 20 de febreiro tivemos no cole a nosa comadre "PRIMA...VERA" e as nosas comadriñas.
A comadre acadou de novo o segundo premio no concurso organizado polo Concello e as comadriñas levaron accésits.

Pero o noso entroido non acabou aquí, durante toda a semana seguimos as "Ordes do Meco". Pasámolo xenial!!
E por ultimo, o día 21 de febreiro chegou o tan esperado día, celebramos o Entroido no cole. Íamos todos moi guapos e os nosos disfraces quedaron moi ben, todos relacionados co proxecto do cole "O Tempo e o Clima".
Educación Infantil: Nubes e choiva.
1º Primaria: Trebón.
2º Primaria: Arco da Vella.
3º Primaria: Inverno
4º Primaria: Verán.
5º Primaria: Apicultores.
6º Primaria: Abellas.