lunes, 1 de febrero de 2016

DÍA DA PAZ EN IMAXES : VÍDEO DO BAILE DA PAZ E FELICITACIÓNS

O acto máis espectacular do día da Paz foi cando todo o colexio levou a cabo o baile da paz. Lembremos que a coreografía é orixinal dun grupo de nenas de 6º . 



A través de facebook estamos recibindo moitas felicitacións. Graciñas !!!


Neste día de sol, queremos compartir con vós o espectacular baile que realizaron alumnado e mestres de A Gándara CEIP de Monforte de Lemos, con motivo do Día da Paz. Menuda coreografía dun dos temas do libro-disco A bruxa Discordia, de Mamá Cabra e Carmen Gil. Con coles así dá gusto!!
   



Os compadres Gandhi e Nelson Mandela presenciaron o acto.





Varios posters adornaron o colexio. Destacamos o feito por 5º.

No hay comentarios:

Publicar un comentario