lunes, 16 de marzo de 2015

OBRADOIRO MULLERES DE LEMOS: MARÍA CASTAÑA.

É unha actividade feita en colaboración co  CIM (Centro de Información da Muller ) de Monforte e o colectivo “Lemos le”. Este obradoiro ten como obxectivo promover a igualdade entre mulleres e homes desde pequeniños , e a protagonista na edición do 2015 é MARÍA CASTAÑA. 
O curso pasado adicaramos a nosa investigación a INÉS DE CASTRO e o resultado pódese ver  no fermoso libro Inés de Castro, unha muller para o 8 de marzo do que temos varios exemplares na biblioteca. Estes días nas aulas e na Hora de ler é a lectura conxunta recomendada.
Podemos ver máis información na páxina web do concello Un obradoiro para que os e as escolares coñezan a María Castaña . 

      Lucía Núñez Álvarez, sicóloga do CIM ten preparado unha MOI INTERESANTE PRESENTACIÓN  que nos lembra o por que do 8 de marzo e a historia de MARÍA CASTAÑA. Sabemos que Xosé do concello ten tamén colaborado nas investigacións para darnos a coñecer esta muller  loitadora orixinaria da nosa comarca.

 Premendo na imaxe  tamen podes acceder á presentación.


No hay comentarios:

Publicar un comentario