lunes, 23 de febrero de 2015

UN LIBRO E UNHA FLOR NO DÍA DE ROSALÍA.Documentais, noticias e máis recursos



A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) propón dende hai anos que  o 24 de febreiro, aniversario do nacemento da autora Rosalía de Castro agasallemos cun  libro en galego e unha flor. e que baixo o lema "Eu son Rosalía" realicemos actividades encamiñadas a coñecer a diversidade temática da  sua obra. Nós aceptamos a proposta e..

Todas as aulas recibimos unha flor e un libro de Rosalia da biblioteca.
En todas as aulas aprendemos e recitamos diante dos nosos compañeiros e compañeiras .
E... todas as persoas deste colexio descubrimos que ...  
“Eu son Rosalía porque/cando/para…” 
Para informarnos este curso na biblioteca seleccionamos
POEMA DE ROSALÍA "NASÍN CANDO AS PRANTAS NASEN..."   


LIM DE ROSLÍA DE CASTRO,


 Este  precioso e interesante  material que descubrimos navegando pola rede está realizado pola mestra de Infantil Julia Pérez e da a coñecer os traballos dela e do seu alumnado  no blog    http://colepeques.blogspot.com.es/
Felicitamos e agradecemos dende esta páxina.


 Outro lim da  http://bibliotecadeaguinho.blogspot.com.es/2013/04/parece-unha-rosa.html

Lembrades o PREZI, as cancións, o video dos adultos do colexio...Xa levamos moitos anos celebrando esta data. Facendo clic na etiqueta Rosalía, ao final da páxina podemos recordar.

Como este ano estamos tan cinematográficos vamos aproveitar para recomendarvos un DOCUMENTAL DE RTVE :     "ROSALÍA DE CASTRO, FEMINISTA EN LA SOMBRA"

Por último esta noticia aparecida na TVG


E é que a nosa Rosalia de Casto é mundial.

No hay comentarios:

Publicar un comentario