xoves, 13 de novembro de 2014

Club de lectura

Xa está en marcha de novo o Club de lectura dos alumnos. Os alumnos que participan nel son os de 6º A, 6º B e 5º curso de educación primaria.

Este ano comezamos facéndolle unha pequena homenaxe ao autor británico Roald Dahl. Así, no primeiro trimestre leremos os seguintes libros: 


 

Podedes atopar máis información sobre a biografía e bibliografía do autor nas seguintes páxinas:

www.roalddahl.com

http://www.librosalfaguarainfantil.com/es/autor/roald-dahl/

Para facer aínda máis atractivas as nosas xuntanzas, decidimos unir o pracer da lectura co gastronómico polo que cada un de nós, por quendas, elaborará un prato, doce ou salgado, para convidar aos compañeiros.

Esta semana os encargados de cociñar foron Raúl (6º A) e Raquel (6º B). Temos que dicir que tanto as galletas como o biscoito de chocolate estaban boísimos, non quedaron nin as miguiñas!





Seguiremos informando!


Ningún comentario:

Publicar un comentario