viernes, 7 de marzo de 2014

I CERTAME DE DIVULGACIÓN MULLERES DE LEMOS: INÉS DE CASTRO

 BASES DO CERTAME

O colectivo Lemos Le do que forma parte a nosa biblioteca, coincidindo co Día Internacional da Muller que se celebra o 8 de marzo e coa finalidade de dar a coñecer e promover as figuras femininas relevantes na historia das Terras de Lemos; levará a cabo as seguintes actividades:
- O obradoiro "Mulleres de Lemos. Inés de Castro. Unha muller para o 8 de marzo" en colaboración co CIM de Monforte de Lemos para os centros de primaria da comarca.
- A convocatoria da I Edición do Certame de Divulgación Mulleres de Lemos que este ano versará sobre a figura de Inés de Castro. Para este certame establécense dúas modalidades: 
    • banda deseñada de 12 a 18 anos 
    •  traballo de divulgación en calquera xénero literario a partir dos 18 anos.

Os traballos poderán presentarse en calquera das bibliotecas integrantes deste colectivo ata o día 30 de maio.
Para ver as bases preme no cartel.


No hay comentarios:

Publicar un comentario