luns, 31 de marzo de 2014
domingo, 30 de marzo de 2014
DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL 2014

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL 2014
Coma en anos anteriores, a IBBY (International Board on books for Young People) difunde o texto e a imaxe que conmemoran o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil que se celebra cada 2 de abril, en memoria de Hans Christian Andersen.
GALIX é a asociación galega do libro infantil e xuvenil que se encarga de facernos chegar este material en galego.
Nesta ocasión o país encargado de poñerlle verbas e cor a esta celebración foi Irlanda. Siobhán Parkinson editora e escritora de libros para nenos, nenas e adultos, redactou o texto "CARTA AOS NENOS DO MUNDO" para agasallarnos coa súa lectura neste día.
A imaxe do cartel é de Niamh Sahrkey, unha moi premiada escritora e ilustradora, tamén irlandesa.
Premendo AQUÍ terás acceso ao texto e poderás gozar da súa lectura o día 2 de abril durante a hora de ler.
luns, 24 de marzo de 2014
2 de abril, Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo (DMCA) 2014
O 2 de abril, é o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo (DMCA) 2014. Unha das datas máis importantes do ano para este colectivo, as persoas con Trastornos do Espectro do Autismo e as súas familias.
El viaje de María
Academia de especialistas
Máis información en www.raiolas.org
domingo, 23 de marzo de 2014
sábado, 22 de marzo de 2014
QUE SANO É DIVERTIRSE: ACTIVILANDIA
Activilandia é un parque temático virtual para o fomento dunha alimentación saudable e a práctica de exercicio entre os escolares
Activilandia conta con 10 atraccións, tres actividades especiais, un concurso, sete xogos interactivos, tamén unha versión “app” para móbiles, 12 descargables en PDF con contido lúdico e didáctico e nove vídeos interactivos, ademais dun observatorio para familias e educadores.
ENLACE Á WEB DE ACTIVILANDIA AQUÍ
Activilandia conta con 10 atraccións, tres actividades especiais, un concurso, sete xogos interactivos, tamén unha versión “app” para móbiles, 12 descargables en PDF con contido lúdico e didáctico e nove vídeos interactivos, ademais dun observatorio para familias e educadores.
ENLACE Á WEB DE ACTIVILANDIA AQUÍ
mércores, 19 de marzo de 2014
RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O DÍA DA ÁRBORE
" Un álbum ilustrado e libro de
divulgación científica. Vocabulario realacionado coas follas e os
bosques, os nomes científicos, características... un inventario ben
completo que resulta moi útil polo que de visual nos ofrece:
ilustracións científicas que nos lembran aquelas que os científicos de
antes debuxaban a man para ter todo ben ordeado. Importante lembrar a
función ecolóxica dos bosques, algo que en Galicia temos ben esquecido
como ben demostran os incendios continuos que sofre a nosa terriña". BLOG TRAFEGANDO RONSEIS
INVESTIGACIÓN EN FAMILIA: Quen cociña na túa casa?
Educación
pola Igualdade. PDI: Cociñando e contando…contos
Quen
cociña na túa casa?
Coincidindo co día da muller e dentro das iniciativas para unha educación pola igualdade entre homes e mulleres; estes días está chegando ás casas unha enquisa coa que pretendemos facer un estudo sobre os hábitos das familias do noso alumnado con respecto a este traballo diario tradicionalmente realizado pola muller. As enquisas son anónimas. Este traballo de investigación é
responsabilidade dos Equipos de Biblioaxudantes do CEIP
A GÁNDARA. Encarganse da distribución das enquisas, a recollida,
reconto e conclusións.
CLUB DE LECTURA GANDULÉS 2013-2014
http://www.xerais.es/autores.php?tipo=autores&id=100005880
E tamén Querido hijo: Estás despedido de Jordi Sierra i Fabra, editorial Alfaguara.
http://www.librosalfaguarainfantil.com/es/autor/jordi-sierra-i-fabra/
O club de lectura do alumnado "Gandulés" está en marcha. En 6º curso conta con 16 membros que elexiron como primeiro libro Antes de medianoche de ANA ALONSO.
Esta autora como moitos sabedes ten publicado moitos outros libros. Preme para MÁIS INFORMACIÓN.
En 5º son 27 os que participan e escolleron o libro titulado Desde unha estrela distante de AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ.
Esta
vez a reunión fíxose na aula, xa que son moitos os que pertencen ao
club e quixeron compartir os comentarios e experiencia coas compañeiras,
compañeiros e mestra titora. Esta xuntanza foi na Hora de Ler.
Agora este grupo lerá Desde unha estrela distante de AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ que foi o libro que estiveron lendo en 5º.
luns, 17 de marzo de 2014
Presentación de Inés de Castro do CIM de Monforte
Esta presentación pode axudarnos a comprender de forma moi clara e sinxela a vida de Inés de Castro e mulleres na súa época. Foi realizada por Lucía do Centro de Información da Muller e serviu como base para o traballo que están a realizar os estudiantes de 5º de primaria da comarca.
domingo, 16 de marzo de 2014
ACTIVIDADES ENTORNO AO DÍA DA MULLER: OBRADOIRO MULLERES DE LEMOS, EXPOSICIÓN, DIVULGACIÓN
Dentro da programación organizada pola concellería de Igualdade para conmemorar o “Día Internacional da Muller”, o CIM de Monforte, en colaboración co colectivo “Lemos le”, desenvolve o obradoiro “MULLERES DE LEMOS, INÉS DE CASTRO. Unha muller para o 8 de marzo” co obxectivo de promover a igualdade entre mulleres e homes desde idades temperás.
No noso colexio realizaronse dúas sesións en cada unha das clases de 5º .Felicitamos dende aquí a Lucía e demais traballadoras do Centro de Información da Muller polo magnífica presentación que teñen feito sobre Inés de Castro. Pódese ver esta presentaciónnoutra entrada deste blog ou AQUÍ
Máis información aquí
ANIMACIÓN LECTORA PARA OS PEQUENIÑOS DO COLEXIO
Patricia González e Álex Fente, do equipo de animación á
lectura de KALANDRAKA, na sesión de contos e música
celebrada na Biblioteca o luns día 10 para as nenas e
nenos de Educación Infantil.
xoves, 13 de marzo de 2014
domingo, 9 de marzo de 2014
MULLER E DISCAPACIDADE: LAZOS DE MULLERES
Consideramos de interés abordar os temas de discapacidade e igualdade a través do documento que damos a coñecer a través deste blog á toda a comunidade educativa.
O audiovisual “Lazos de mulleres" é un traballo realizado por Carlos Álvarez López e presentado na Casa de Cultura o pasado 8 de marzo co motivo do Día da Muller organizado polo concello de Monforte en colaboración coas asociacións ACADAR, AFAMON, AGORA, ALBORES, AUXILIA e PRODEME.
Neste audiovisual participan Regina Rodríguez Rodríguez, Mª Teresa Díaz Tallón, Mª Carmen Guedes, Mª del Carmen Seijas Fernández, Mª Nieves Díaz Losada, Leydi Juliana Aldana Rodríguez e Elena Rodríguez Gay, mulleres que coas súas testemuñas reflicten as dificultades que atopan no seu día a día e os prexuízos que aínda amosa moita xente na nosa sociedade, pero tamén a súa capacidade de superación.
A finalidade última deste traballo é recoñecer as situacións de discapacidade, visibilizando as diferenzas e garantindo así a igualdade para tódalas mulleres con ou sen discapacidade.
venres, 7 de marzo de 2014
I CERTAME DE DIVULGACIÓN MULLERES DE LEMOS: INÉS DE CASTRO
O colectivo Lemos Le do que forma parte a nosa biblioteca, coincidindo co Día Internacional da Muller que se celebra o 8 de
marzo e coa finalidade de dar a coñecer e promover as figuras
femininas relevantes na historia das Terras de Lemos; levará a cabo
as seguintes actividades:
-
O obradoiro "Mulleres de Lemos. Inés de Castro. Unha muller
para o 8 de marzo" en colaboración co CIM de Monforte de Lemos
para os centros de primaria da comarca.
- A
convocatoria da I Edición do Certame de Divulgación Mulleres de
Lemos que este ano versará sobre a figura de Inés de Castro. Para
este certame establécense dúas modalidades:
- banda deseñada de 12 a 18 anos
- traballo de divulgación en calquera xénero literario a partir dos 18 anos.
Os
traballos poderán presentarse en calquera das bibliotecas
integrantes deste colectivo ata o día 30 de maio.
Para ver as bases preme no cartel.
8 de Marzo -Charla e Homenaxe ás nosas cociñeiras
O pasado VENRES, día 7 de marzo, estiveron na nosa biblioteca dende as 10:15 as cociñeiras BERTA, LUISA E MANOLA. Con esta visita continuamos
a serie de CHARLAS HOMENAXE a mulleres que viven en Monforte e que traballan en
diversos ámbitos laborais para así poder achegarnos á súa realidade.Cada
clase preparou unha serie de preguntas que despois serviron de guión para as catro charlas (unha por ciclo)que se foron sucedendo ao longo da mañá.
No acto presentouse o vídeo adicado a elas: Que sabemos de cociñeiras e cociñeiros? que podedes ver a continuación.
XOVES DE COMADRES
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)