jueves, 9 de enero de 2014

Libros electrónicos. NORMAS DE USO

Este curso no noso centro estamos tratando de levar a cabo o proxecto E-LBE cuxos  obxectivos son:
• Introducir os dispositivos de lectura electrónica na biblioteca.
• Facilitar o acceso do alumnado a novas prácticas lectoras, coa orientación do profesorado e nun contexto favorable á lectura.
• Coñecer distintas posibilidades de uso dentro do contexto escolar.
• Valorar, xunto co profesorado, as mellores fórmulas para a utilización dos libros electrónicos nas bibliotecas escolares.


Os 7 libros electrónicos de que dispoñemos foron prestados inicialmente ao profesorado do equipo da biblioteca e do 3º ciclo. Agora utilízanse en 6º: na Hora de Ler e Préstamo de fin de semana.
 Temos feito un tríptico coas normas de uso e documento de Autorización de préstamo.



Cargandoos na biblioteca.


No hay comentarios:

Publicar un comentario