Traballos de aula |
venres, 31 de xaneiro de 2014
mércores, 29 de xaneiro de 2014
FORMACIÓN DE USUARIOS . PDI
FORMACIÓN DE USUARIOS PROFESORADO:
Fíxose o luns 27 ás 17:00 h. Tratamos:
o Proxectos Documentais Integrados:
COCIÑANDO E
CONTANDO…CONTOS 2ª fase
o FOMENTO LECTURA: mochilas viaxeiras, itinerarios lectores, lotes aulas,
hora de ler, préstamos, biblioaxudantes...
Faise nas reunións ordinarias do 2º trimestre por ciclos ou titorías. Os mesmos puntos que os mestres, pero centrándonos na información e formas de participación e colaboración. Na de 1º ciclo houbo aportación de moitas ideas e suxerencias.
martes, 28 de xaneiro de 2014
COMPROMISO DE VOLUNTARIADO DOS BIBLIOAXUDANTES DE 5º
ESTES SON OS NOSOS BIBLIOAXUDANTES DE 5º QUE O PASADO XOVES 23 ASINARON O COMPROMISO DE VOLUNTARIADO COLABORADOR DA BIBLIOTECA. LEVAN CON NÓS DENDE O MES DE OUTUBRO E AGORA DESPOIS DUN TRIMESTRE DE EXPERIENCIA ASINAN FORMALMENTE O SEU "CONTRATO".
luns, 27 de xaneiro de 2014
CANTÁNDOLLE AOS ALIMENTOS: AS MELLORES PARELLAS DE CADA AULA
Cantareiros Infantil
Cantareiros 1º Ciclo
Cantareiros 2º Ciclo
Cantareiros 5º Curso
Cantareiros 6º Curso
O traballo por proxectos en Infantil, Primaria e Secundaria
Documento elaborado pola Xunta de Galicia. Fai click aquí para visualizalo
domingo, 26 de xaneiro de 2014
sábado, 25 de xaneiro de 2014
martes, 21 de xaneiro de 2014
COMEZAN OS ENSAIOS PARA O DÍA DA PAZ . CAMPÁS POLA PAZ EN LINGUA DE SIGNOS
Este ano estamos a ensaiar a canción "Campás pola paz". Pero unha parte da canción facémola en Lingua de Signos. Tamén engadimos pictogramas para que o alumnado máis cativo e con neae poida memorizala mellor.
Ánimo e a ensaiar!
Ánimo e a ensaiar!
A lingua de signos é un sistema de comunicación utilizado sobre todo entre os xordos e persoas con problemas auditivos
Campás pola paz é unha peza músical que forma parte do libro-disco PAN DE MILLOCLUB LECTURA ADULTOS 2ª REUNIÓN
![]() |
Esta era a convocatoria |
Decidimos dispoñer de variados títulos dado que así hai máis posibilidade de elección e lectura.Moitos membros do club non poden asistir á reunión pero teñen interés nas lecturas. A próxima reunión será en torno ao día do libro.
luns, 13 de xaneiro de 2014
FOMENTO DA LECTURA: MOCHILAS VIAXEIRAS E LIBROS QUE VAN E VEÑEN
Dende o mes de outubro veñen ciculando polas casas das familias de todos os cursos de primaria e infantil as mochilas viaxeiras.
"Lecturas que van e veñen" en bolsas azuis que protexen os libros son as que semanalmente levan as nenas e nenos de infantil.
domingo, 12 de xaneiro de 2014
xoves, 9 de xaneiro de 2014
Libros electrónicos. NORMAS DE USO
Este curso no noso centro estamos tratando de levar a cabo o proxecto E-LBE cuxos obxectivos son:
• Introducir os dispositivos de lectura electrónica na biblioteca.
• Facilitar o acceso do alumnado a novas prácticas
lectoras, coa orientación do profesorado e nun contexto favorable á lectura.
• Coñecer distintas posibilidades de uso dentro do
contexto escolar.
• Valorar, xunto co profesorado, as mellores fórmulas
para a utilización dos libros electrónicos nas bibliotecas escolares.
Os 7 libros electrónicos de que dispoñemos foron prestados inicialmente ao profesorado do equipo da biblioteca e do 3º ciclo. Agora utilízanse en 6º: na Hora de Ler e Préstamo de fin de semana.
Temos feito un tríptico coas normas de uso e documento de Autorización de préstamo.
Cargandoos na biblioteca. |
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)