martes, 19 de noviembre de 2013

EDUCACIÓN PARA A IGUALDADE. 25 de novembro. PARAUGAS POLA IGUALDADE.

 O  Centro de Información á Muller (CIM) ten programado unha amplia Variedade de actos para conmemorar o día 25 de novembro .

Entre eses actos está o obradoiro  PARAUGAS POLA IGUALDADE na que  vén participando o alumnado de 5º do noso colexio.  

Neste obradoiro, o alumnado deseñou e elaborou paraugas con slogans e debuxos relacionados coa temática da igualdade entre homes e mulleres e a non violencia contra as mulleres.

Estes slogans e debuxos son o resultado dun traballo previo que se levou a cabo durante tres sesións, de 90 minutos cada unha, ó largo do primeiro trimestre do curso nos seis centros de ensino de Monforte. Durante ese tempo os rapaces e rapazas documentáronse sobre os contidos a tratar (estereotipos de xénero, desigualdades sociais, laborais, educativas, etc) e plasmaron nun paraugas o resultado das súas impresións e aprendizaxes dende unha perspectiva crítica.
Todo o alumnado que participou neste obradoiro asistirá ó acto conmemorativo do ´”Día Internacional para a eliminación da violencia de xénero” que terá lugar o luns 25 de novembro, ás 12:00 h. na rúa Cardeal.




O martes 26 de novembro o alumnado de 5ºB en parellas e  durante a HORA DE LER,  presentará ante os compañeiras e compañeiros das distintas aulas de primaria un resumo da súa actividade e lerá un manifesto.



Recomendamos ao profesorado  e alumnado que  para lembrar esta data consulte neste mesmo blog as actividades desenvoltas en pasados cursos así como distintas suxerencias. Para iso lembrade que podedes facer clic na etiqueta  25 N que figura ao final desta páxina.

O  sindicato steg tamén  aporta unha chea de ideas PREME AQUÍ

No hay comentarios:

Publicar un comentario