miércoles, 23 de enero de 2013

Experimentando co Kamishibai: O SOLDADIÑO DE CHUMBO

Na nosa biblioteca este curso dispoñemos dun teatriño de orixe xaponés chamado kamishibai grazas á asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia que nos fixo este agasallo . Dispoñemos de varios contos en galego, castelán e inglés para representar e comprometémonos a preparar outro texto coa participación do alumnado do colexio.Xa empezaron a contar e con éxito algunhas nenas de 4º como se pode apreciar nas imaxes.







Na biblioteca do Ceip de Xuvencos  prepararon estes dous kamishibais para as festas do pasado Nadal. Noraboa dende este blogue e saquemos algunha idea para a nosa creación. 


     

No hay comentarios:

Publicar un comentario