domingo, 4 de noviembre de 2012

DÍA DA BIBLIOTECA




BIBLIOAXUDANTES POLAS AULAS
Contaron contos, presentaron novidades e entregaron agasallos





O equipo de biblioaxudantes quedou moi satisfeito desta actividade na que tiveron que demostrar  as súas cualidades como comunicadores. Sorprendeu   o gran silencio e atención que prestaron as nenas e nenos  de todas as idades. Grazas tamén ao profesorado pola colaboración. Pódense ver máis imaxes no vídeo.

video






FORMACIÓN DE USUARIOS




foi rodado en centros do Plan de mellora de bibliotecas escolares de diferentes recunchos de Galicia, co gallo do Congreso Bibliotecas Escolares en Tránsito, celebrado en Compostela os días 10, 11 e 12 de novembro, organizado pola Consellería de Educación en colaboración co Ministerio de Educación.
As imaxes exemplifican a distribución de espazos nas novas bibliotecas, e algunhas das actividades que o alumnado realiza nelas día tras día.

Coa proxección do vídeo puidemos comprobar a calidade do novo equipo de son que acabamos de mercar 








Exposición no patio, encontros das familias e encontros das bibliotecarias da comarca foron outras das actividades do 24 de outubro   día da biblioteca.



O AGASALLO
Estas son as tres portadas do libriño co que se obsequiou a todas as familias para que así conserven para sempre o texto que Olga Novo adicou á nosa biblioteca. Foron feitas por Felipe, Antía e Aurora de 6º.




No hay comentarios:

Publicar un comentario