domingo, 1 de xaneiro de 2012

Xa me tardan estes Magos

Editorial Galaxia publica ‘Xa me tardan estes Magos’, o novo libro-disco de Mamá Cabra, ilustrado, por Kristina Sabaite, un libro-disco no que, como en anteriores traballos de Mamá Cabra, participaron importantes poetas galegos, como son Antón Cortizas, Gloria Sánchez, Antonio García Teijeiro e a propia Gloria M. Roel, vocalista do grupo e que desta volta se anima tamén a componer letras.
Un mollo de cancións para esperar con máis ilusión a chegada dos Magos. Unha presada de temas para cantar, para bailar, para choutar coa mesma ledicia e enerxía que sempre atopamos nos discos de Mamá Cabra.
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario