domingo, 20 de noviembre de 2011

UN POUQUIÑO DE TRADICIÓN ORAL



POR  QUE  DOUS  CANS  CANDO  SE ATOPAN  SEMPRE  SE  ULICAN  OS  CUS?

Tres persoas do grupo Trícole virán proximamente á nosa biblioteca e contaran ese e outros contos de tradición oral.
O grupo O Trícole  da asociación cultural O COLADO DO VENTO  teno recollido nun libro xunto con outros relatos, lendas, crenzas, ditos, romances, cancións, refráns ...   


http://coladodovento.blogspot.com


UN   POQUIÑO MÁIS  DE  TRADICIÓN   ORAL

A tradición oral  é a forma de transmitir desde tempos anteriores á escritura a cultura, a experiencia e as tradicións dunha sociedade a través de relatos, cantos, oracións, lendas, fábulas, conxuros, mitos, contos ...
Transmítese de pais a fillos, de xeración a xeración, chegando ata os nosos días, e ten como función primordial a de conservar os coñecementos ancestrais a través dos tempos.
Desde épocas remotas en que os seres humanos comezaron a comunicarse a través da fala, a oralidade foi fonte de trasmisión de coñecementos, ao ser o medio de comunicación máis rápido, fácil e utilizado.
A tradición oral foi fonte de grande información para o coñecemento da historia e costumes .
Na actualidade en moitas culturas só aparecen recollidas nos mellores casos en libros, audios ou vídeos. Esta perda da tradición oral debeuse e débese principalmente ao grande influxo actual dos medios de comunicación, que en moitos casos fan diminuír a comunicación familiar e a transmisión da cultura tradicional, así como a novos cambios nos hábitos da vida onde as tecnoloxías son máis valoradas que as tradicións. (da galipedia )

Logotipo de Orella Pendella
Con esta páxina queremos difundir a literatura popular infantil de Galicia para que siga sendo unha ferramenta educativa e de lecer para os/as galegos/as do século XXI.
Na lingua galega hai infinidade de ditos, recitados, cancións, etc. que acompañaron desde hai séculos as brincadeiras dos/as nenos/as ou as relacións entre os membros maiores da familia e os máis pequenos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario