luns, 27 de abril de 2020
Vídeo de 3º de primaria
Os nenos e nenas de 3º de primaria quérennos mandar moito ánimo con este fermoso vídeo.
xoves, 23 de abril de 2020
Blog de actividades para infantil
Hoxe desde o cole convidámosvos a que visitedes o novo blog de actividades para infantil. Nestes días están facendo moitas actividades para pasar ratiños moi divertidos e entretidos.
Podedes visitalo no seguinte enlace: https://gandaraquedanacasa.blogspot.com/
Animádevos, non vos ides arrepentir!!
Ánimo a todos e todas!!
Fai unhas semanas o persoal do cole quixemos animar a todos os nenos e nenas con este fermoso vídeo.
Esperamos que vos guste e que pasedes un bo rato.
Ánimo a todos e todas!!
xoves, 2 de abril de 2020
Día Mundial do Autismo
Hoxe, 2 de abril, celebramos o
Día Mundial de Concienciación do Autismo. Este ano en plena crise da
pandemia do coronavirus o lema é:
PODO APRENDER, PODO TRABALLAR
Espérase que a nosa sociedade lle facilite a todo o colectivo con este
trastorno, as ferramentas necesarias para poder nun futuro ser o máis autónomos
posibles e lograr así exercer un traballo remunerado.
Con motivo da celebración deste
día, @s alumn@s da Gándara animáronse a aportar o seu gran de area para loitar
por un mundo máis xusto e accesible para tod@s con estes maravillosos debuxos e
fotografías.
Anxo (4 anos)
Daniel e Luis (2º)
Saúl (1º A)
Jaime (1º A)
Sara (3 anos)
Manuel (3º)
Diego (6ºB)
Noa (1º A)
Antón (5 anos) e Anxo (4º)
sábado, 28 de marzo de 2020
Todo vai saír ben!
Durante estes días estivemos todos e todas na casa e convertémonos en grandes artístas. Quixemos dar ánimos cuns fermosos debuxos que enviamos ao cole onde o lema principal e... TODO VAI SAÍR BEN!!
Queremos animarvos a todos e todas con eles, para facer a estancia nas nosas casas máis fácil e para que se nos faga máis curta.
ÁNIMO, PRONTO NOS VOLVEREMOS A VER!!
Borja e Rodrigo Cota Pérez
Nerea e Tiago Vázquez Guerra
Alma Fernández Codesido
Elva Fernández Álvarez
Naiara Pérez Guerra
Anxo e Antón Feáns Vázquez
Jaime e Antón López García
Edgar Castro Rodríguez
Alejandro e Carla Álvarez Sánchez
Amaya e Pablo Morillo Camino
Valeria de Vicente Rodríguez
Manuel e Sara Quiroga
Julia e Lola Pérez Pérez
Noa Armesto Rodríguez
Anxo e Lois Fernández
Carla Hermida Rodríguez
mércores, 11 de marzo de 2020
COGAMI
COGAMI é a Confederación Galega de persoas con Discapacidade. O día 6 tivemos a sorte de recibilos no cole. Os nenos e nenas de segundo a sexto de primaria fixemos varias actividades con eles.
Por un lado, puidemos manipular material de apoio que elaboran eles mesmos, moitas veces cunha impresora 3D, para facilitar a vida diaria das persoas.
Tamén nos puxemos no lugar das persoas con discapacidade visual e motora.
E por último fixemos un xogo onde seguimos aprendendo acerca da vida diaria das persoas con discapacidade e a maneira máis axeitada de poder axudalas.
Día Internacional da Lingua Materna
O día 21 de febreiro celebrouse o Día Internacional da Lingua Materna. No cole o equipo da biblioteca elaborou un mapamundi onde se poden identificar os países de procedencia das familias do noso alumnado.
O mapa é interactivo, ten luces que se acenden ao facer unha combinación de cables na parte traseira. Esta parte foi levada a cabo polo alumnado de 6º de primaria coa axuda do profe Rubén.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)


















































