xoves, 12 de decembro de 2013

Susa Herrera visita a nosa biblioteca . OBRADOIRO MUSICAL

SUSA HERRERA PRESENTA O SEU DISCO EN "CABARCENO  SE OYE CANTAR"

Hoxe recibimos na nosa biblioteca a visita de Susa Herrera, profesora titular de Expresión Musical da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte do campus de Pontevedra, pertencente á Universidade de Vigo Autora de máis de 9 contos para nenos, ten demostrado que os contos tamén se cantan e se poden bailar. Nos seus libros, cada personaxe leva consigo un estribillo pegadizo e varias propostas de baile convenientemente estructuradas.
Aquí podedes ver unhas cantas fotos da actividade que tanto gustou. Se che apetece vela cantando unha das canción do disco  PULSA AQUÍ









Podedes ver máis vídeos na nosa conta de Youtube

LECTURAS COMPARTIDAS E DEBATES POLAS AULAS NO DÍA DOS DEREITOS HUMANOS. REPARTO DO LIBRIÑO DE DEREITOS E DEBERES DO COLEXIO

NA BIBLIOTECA FÍXOSE LECTURA COMPARTIDA ENTRE PARELLAS DE DISTINTOS CURSOS, CON LIBROS VARIADOS DE DEREITOS HUMANOS: NARRATIVA,BIOGRAFÍA ENCICLOPEDIAS...

ISTO FOI O DÍA 9  DE DECEMBRO E POLA BIBLIOTECA PASOU O ALUMNADO DE TODOS OS CURSOS DE PRIMARIA XUNTO Á SÚA TITORA. EN CADA SESIÓN ESTIVERON DOUS CURSOS. 


NA HORA DE LER DO DÍA 10 FOI CANDO O PROFESORADO DO EQUIPO DE BIBLIOTECA ESTIVO POLAS AULAS PRESENTANDO ALGÚNS DOS RECURSOS QUE SERVIRÍAN PARA O POSTERIOR DEBATE.






domingo, 8 de decembro de 2013

ADEUS A NELSON MANDELA


Grazas ós compañeiros da Biblioteca Escolar Salgado Torres  e a Rosana Rodiles, da Biblioteca Escolar Xoan Farias (C.E.I.P. de Pazos) por compartir xenerosamente estas imaxes e á
Biblioteca do  CEIP Frian de Teis por facilitarnos esta entrada tan oportuna.  http://olardefriancinho.blogspot.com.es/2013/12/madiba-que-estas-no-ceo.html

O DEREITO HUMANO Á ALIMENTACIÓN Alimentos Con Poder



Todo ser humano ten dereito a unha alimentación adecuada e ten o dereito fundamental a non padecer fame, según as normas internacionais de dereitos humanos. 

Adiquemos un pouco do noso tempo a reflexionar sobre un dos dereitos fundamentais.
Servirémonos da campaña  da ONG INTERMÓN OXFAM




Máis alimentos con poder aquí

DEREITOS HUMANOS. RECURSOS






Lembremos as actividades e recursos do curso pasado.Clic nas etiquetas