Ainhoa é a autora do debuxo da postal coa que felicita o colexio este Nadal. Foi realizado o curso pasado cando ía en 2º. |
martes, 29 de decembro de 2015
POEMAS E POSTAIS DO NADAL
luns, 21 de decembro de 2015
FELICES LECTURAS E FELICES FESTAS
Como todos os anos xa están editadas as recomendacións lectoras das bibliotecas Lemosle para este nadal e inverno. Son para todas as idades e foron elaboradas de xeito colaborativo polas bibliotecas escolares e municipais integrantes do colectivo LEMOS LE.
Outras recomendacións que vos poden interesar, neste enlace Lecturas para tempos fríos das BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA.
mércores, 9 de decembro de 2015
A DECLARACIÓN DOS DEREITOS HUMANOS
DECLARACIÓN UNIVERSAL DOS DEREITOS HUMANOS

Recomendamos ver e ler este vídeo.Veredes que interesanteé tanto polo que di como pola forma de dicilo.
Para lembrar documentos e actividades que vimos, coñecemos ou fixemos en cursos pasados pulsa na etiqueta dereitos humanos ou aquí
domingo, 6 de decembro de 2015
xoves, 3 de decembro de 2015
domingo, 29 de novembro de 2015
VISITA Á BIBLIOTECA LOIS PEREIRO.
O alumnado de 3º e 4º visitou no mes de novembro a biblioteca pública do noso concello chamada Lois Pereiro.As cativas e cativos fixéronse socios e interesáronse polas explicacións que Elisa, a bibliotecaria, lles deu sobre o funcionamento e prestamo de libros.
venres, 27 de novembro de 2015
CANTAPANDAS, XOGOS POPULARES E MAGOSTO NO OUTONO
Este curso na semana da tradición oral adicámonos a aprender pandas. No día do magosto pasámolo moi ben cantando as formulas que cada aula memorizou. Pronto poderemos disfrutar do vídeo que se está a preparar e que ten por protagonistas os gañadores do concurso..

Nste libro podedes atopar todas as pandas. |
MANUEL MARÍA : ROTEIRO LITERARIO E RECURSOS
![]() |
MANUEL MARÍA foi un gran escritor galego que viviu durante case 40 anos en Monforte de Lemos. Visitou en varias ocasións o colexio de A Gándara e aquí temos lido,cantado, recitado,bailado, representado.. varias das súas creacións literarias, Morreu no ano 2.004. O
académico cumpriría o pasado 6 de outubro 86 anos.
|
O PRÓXIMO ANO 2.016 SERÁ O ANO DE MANUEL MARÍA XA QUE SERÁ O AUTOR A
QUEN SE LLE ADICARÁ O DÍA DAS LETRAS GALEGAS.
Dende os equipos de Dinamización da Lingua Galega e Biblioteca pretendemos dar a coñecer e render homenaxe a este personaxe histórico da nosa localidade.
Para empezar damos conta de dúas ligazóns:
http://www.casamuseomanuelmaria.gal/portada.htm con moita información e recursos didácticos.
celebrado o pasado 8 de novembro e organizado por O colectivo de bibliotecas Lemos Le e a Asociación Cultural de Sober.
luns, 9 de novembro de 2015
xoves, 5 de novembro de 2015
CONTOS DE MEDO A ESCURAS NA BIBLIOTECA E MONSTRUIÑOS E CABAZAS POLO COLEXIO.
A moi coñecida Mercedes de Cabodevila entretivo aos máis pequenos. |
Gabriel sorprendeunos contando a intrigante historia de Nico con momentos de moita tensión e medo. |
Abel captou a atención do público coa historia da figueira de Pelostortos. |
Xiana e Víctor deron conta dunha lenda tradicional galega de defuntos. |
Un grupo de 1º recitou as rimas de reciclaxe no Samaín |
Ao final a canción do samaín de Brinca vai |
A EXPOSICIÓN DE CABAZAS
ADULTOS NA BIBLIOTECA: CLUB DE LECTURA, PLAN ANUAL E AGASALLOS NO DÍA DA BIBLIOTECA
O LIBRO QUE LEREMOS AS PERSOAS INTERESADAS EN PERTENCER O CLUB ESTE CURSO FOI CEDIDO POLA BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL DE SOBER.PREMEDE NO LIBRO SE QUEREDES MÁIS INFORMACIÓN
xoves, 29 de outubro de 2015
ENTREGA DOS PREMIOS "MULLERES DE LEMOS" NO DÍA DA BIBLIOTECA: SARA E VÍCTOR (ANTIGUOS ALUMNOS DO NOSO COLEXIO ) GAÑADORES
Para conmemorar o Día da Biblioteca o Colectivo Lemos le organizou por terceiro ano unha cea de persoas relacionadas coa cultura, a lectura e a educación
Alí estivo representada a nosa biblioteca. Foi na Pobra do Brollón pois como lembraredes María Castaña nacera nesa localidade.
A cea foi no Restaurante As
Viñas de A Pobra do Brollón.
Con este acto reivindicase a
importancia do papel das
Bibliotecas como difusoras de
cultura, formadoras de lectores,
lugar de encontro e centros de
información e recursos.
Durante o acto fíxose entrega dos premios do
II CERTAME MULLERES DE LEMOS: MARÍA
CASTAÑA. UNHA MULLER PARA O 8 DE MARZO.
1º Premio divulgación: Xurxo Ayán que non puido asistir debido a un recente accidente,e recolleu o premio o seu tío Suso Cuarenta. Entregoullo o concelleiro de cultura e alcalde en funcións de Pobra do Brollón. |
1º Premio banda deseñada: Sara Rodríguez Barrientos (IES Daviña Rey) Entregoullo a concelleira de Cultura de Monforte de Lemos. |
Accésit categoría banda deseñada: Víctor Domínguez Fernández (IES Daviña Rey) Entregoullo o alcalde de Sober |
Tamén contamos nesta cea coa presenza de Xabier Quiroga, que nos agasallou coa lectura do seu texto: A miña biblioteca, a miña casa.
Ao remate do acto foi presentada a III EDICIÓN DO CERTAME MULLERES DE LEMOS, adicado no próximo ano a Lola de Penelas, unha oleira da terra de Gundivós no concello de Sober.
O traballo sobre María Castaña do historiador e gañador do certame Xurxo Ayán ten moito interés e aporta novos datos sobre este personaxe. Pódese ver máis información no seguinte ARTIGO DE" LA VOZ DE GALICIA"
venres, 23 de outubro de 2015
DÍA DA BIBLIOTECA
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)